jueves, junio 19, 2008
sábado, abril 26, 2008
Cousas de Lugo
Debe ser cousa das cidades pequenas iso de que chegas e non te sintes infiltrado. Iso de que a xente te mira coma se se cruzase contigo todolos días. Iso de que non existe a velocidade, todo vai a camara lenta.
Ainda que eso tamén pode ser cousa da miña visión. De que sinto predileción polas cidades adicadas á xente e non ós coches, as cidades para pasear con grandes ou pequenos lugares nos que sentarte baixo o sol a lelo periódico. Ou pode ser que todo é mais bonito porque o sol da primavera o enche todo de cores coñecidas.
Palabra de
Lechuga
a
4/26/2008 05:31:00 p. m.
1 que opinan
sábado, febrero 23, 2008
lunes, enero 21, 2008
Sen título
Alguen dixo alguna vez que as metas imposibles son frustrantes. Eu decidín non poñerme nunca metas, ningunha.
E non fun eu a que rompin esa promesa. Sen embargo, sen querelo, aspiro a unha, estou a competir por un premio que non sei que é pero que preciso.
É unha carreira curta na que o medo e o orgullo volven tomar partido. Estou a centímetros do final e non sei se debo cruzala meta.
Percorren centos de dúbidas a miña cabeza. E se o cruzalo umbral hai outra meta que debo cumprir? Ou se non e o tesouro que esperaba? Ou se non é ese o final que agardo?
Non sei porque cuestiono cada molécula de aire que respiro... se no fondo non importa. Será que preciso poñer obstaculos no camiño porque non podo aceptar que sexa tan sinxelo? Pode chegar a miña estupidez a ese nivel?
Palabra de
Lechuga
a
1/21/2008 01:48:00 a. m.
0
que opinan
Va de: de filosofía, de mi, en galego
martes, diciembre 04, 2007
Gafas de color de rosa
Sorri. Despois de meses de ambigüedade, a nena do espello rí. Non hai nada que importe mais que eso. Nada. Nin a neboa espesa,nin o tráfico agotante, nin ás clases aburridas, nin a aglomeración de xente na cafetería, nin o frío da mañá, nin o gato miañando. Nada. Nada importa porque o sorriso soluciona os problemas.
É un sorriso cheo de ilusións e inocencia.
Palabra de
Lechuga
a
12/04/2007 04:47:00 p. m.
0
que opinan
domingo, diciembre 24, 2006
de xeito distinto...
O pasado venres foi o festival de Nadal no instituto. Un deses días nos que as clases rematan antes do habitual e súbense o escenario os ansiosos de triunfo. E
ste ano esquecéronse das típicas cancións reageton que bailan as mais atrevidas en minifalda e con tanga, e no seu lugar puxeron catro grupos de diferentes estilos de música, todos con un futuro moi prometedor.
Os primeiros en actuar foron unhas rapazas con música tradicional que utilizaban a gaita, pandeiretas, piñas e cunchas para pornos a pel de pita e arrincar os primeiros aplausos do día.
Despois o grupo Dragonfly tomou lugar no escenario e arrincoulle uns cantos cornos aos mais heavys do insty. Fan unha música estupenda, teñen unha base musical incomparable e unhas letras realmente divertidas. A voz e mellorable. Asemellanseme moito a Heredeiros da Crus.
De terceiros apareceron Luis & Jorge que pese ao frío adincaronnos “Hace calor” e un par de exitos veraniegos.
Por último debutaron makes Dawn Sure con moitas versións de Blink 182. Teño que decir que son compañeiros de clase. Na súa contra, rifarlles por porlle tan pouca emoción, teñen unha música estupenda, ilusión e ganas de triunfar, podían dar moito mais de si do que deron. En fin, o ambiente tornouse diferente cando subiron a Guille o escenario. Cobrastedes vida!!
Pois eso, supoño k xa deducistedes k foi sen dúbida o mellor festival da miña vida no instituto e que lles desexo moita sorte a estes debutantes. Moitos bikos.
Palabra de
Lechuga
a
12/24/2006 12:03:00 p. m.
0
que opinan
miércoles, noviembre 22, 2006
Morte Vital
O primeiro raio de luz filtrase por entre as cortinas vermellas da sala, alimentase o longo da súa figura e morre nun bol baleiro na mesa na que descansan as migallas dunha bolsa de patacas fritas. Unha sombra trala butaca móvese entre as sabas tiradas no chan. Buscaa a ela. Na moqueta, a súa man bebe dunha lagoa de sange que tenta explicala noite. Un corvo repiquete na cornisa da fiestra e as sabas esvaran deixando o seu corpo a vista. A sombra asoma o fociño tralas patas da mesa e o raio de luz desaparece.
Palabra de
Lechuga
a
11/22/2006 09:08:00 p. m.
0
que opinan
jueves, octubre 19, 2006
Setembro cálido
Alex Ubago- Viajar contigo
Conecto el mp3. Me hará compañía en mi camino apresurado. Mi abrigo discute con el sol sobre la temperatura ambiente. Comienza una lluvia de hojas doradas que se mezcla con el olor a castañas asadas del tren chu-chú de la peatonal. Los niños corren y juegan con sus botas nuevas de la vuelta al cole. Una boina marrón oscuro en el suelo y un hombre con una acústica en sus manos. Me quito los auriculares. Mis pasos acompañan los acordes de esa guitarra desafinada. Llego tarde pero… no hay prisa. Disfruto de este paisaje idílico.
A mi derecha veo un banco de madera oscura desierto que destapa mis tristezas. Ahora comienza a llover sal. Me pongo los cascos y apresuro el camino. Todo es imperfecto.
Palabra de
Lechuga
a
10/19/2006 06:54:00 p. m.
0
que opinan
Va de: en galego, para escuchar
martes, mayo 30, 2006
Exército fracasado. (25-5-06)
Un exército definitivo que loita pola paz cando xa é demasiado tarde. Decatáronse a destempo de presenza dun inimigo cruel creado por nós mesmos. Era de esperar que chegase algún día, pois todo beneficio propio e inmoral acaba converténdose nun mal remordemento de conciencia.
Vivimos nunca sociedade sometida a séculos de ignorancia e estancazón cultural que non pode rexurdir das cinzas con ritmo acelerado. Campañas publicitarias pretenden agochar estes séculos de decadencia con frases para a promoción de lectura sen ensinarnos a ler. Como non vai haber fracaso escolar se estaba prohibido pensar? Cómo é que os xoves non senten afección por nada? Dicen por algures alguns expertos que se educa co exemplo e ¿Cómo lle ensinarán a teu fillo a reciclar se ti non o fas? Como imos conseguir unha sociedade intelixente que sexa quén de elexir o mellor poder se on sabe opinar?
Asombroume un ejemplo que escoitei na rúa o outro día: Na entrada da escola, antes de abriren as portas ós rapaces xogaban no parque supervisados polos seus pais e atoparon un indixente a durmir o cal comezaron a tirarlle pedras. Unha profesora decatouse deste acto vandálico e avisou a todolos pais. Para sorpresa da mestra obtivo respostas tales como: ‘Tampouco é para tanto, total… é só un indixente’
E agora pregunto eu: Como imos ensinarlle valores a uns rapaces que conviven con tales exemplos? Fai o que digo pero non fagas o que fago.
Teño a mínima esperanza de que desapareza este total desprezo pola humanidade e que esta sociedade prehistórica comece a ter unha moral. Non religiosa, non radical… estou a falar dunha moral racional porque nunca os excesos foron bós.
Ter moral non é poñer a outra meixela; é procurar que non cha toquen.
Ter mora non é gardar voto de castidade ata o matrimonio ; é ser sinceiro coa túa parella.
Procurando non morrer asfixiada por sucesións vandalísticas e desperdicios humáns que procuran a felicidade na violencia o una prensa rosa, despídese Leituga con coletas ás doce da noite ddespois dun duro sometemento ó sistema.
Palabra de
Lechuga
a
5/30/2006 11:31:00 p. m.
2
que opinan
Va de: de aprender, de crítica, en galego
Cravos (30-5-06)
“ Eu tiña un cravo,
cravado no corazón
e eu non me acordo xa se era aquel cravo” (Rosalía de Castro)
de dor, de medo ou de amor.
Quiteino con sufrimento,
Coma quen enterra súa paixón.
Dor a compña da vida,
E que sabe que hai despois!
Mil intentoa sw volvelo cravar tiven,
Cento cinco xuro que ó intetei,
Mais cando de cravalo era a hora…
Cento cinco veces recuei.
Medo a dor do cravo cravado,
Medo a non saber do futuro,
Medo a ter dores calados,
Medo a ser un cravo miudo.
Amor! Axúdame que marcharei,
Amor! Ven que a vida xa non collo,
Amor! Axúdame que estou a morrer,
Amor! Ven que morro.
Palabra de
Lechuga
a
5/30/2006 11:30:00 p. m.
1 que opinan
Voar (25-5-06)
Voar. Despegalos pés do chan
E cambiala perspectiva da terra.
Voar. Coller impulso e saltar,
E non retomar de novo esta era.
Voar. Saír correndo dos problemas,
Fuxir da realidade e volver soñar.
Voar. Sen fitar arbores ...
Deixar de sufrir e non mirar.
Voar. Retomala infancia tranquila,
Volver xogar con area e plastelina.
Voar. Fuxir do egoísmo,
Da curiosidade irrelevante do veciño.
Voar. Coller un tren e marchar,
Aló onde o ceo se xunta co mar.
Voar. Fitar o sol no hourizonte,
Sentar nun banco e non pensar.
Voar. Aló onde os pensamentos,
Se divorcien do corpo e da contrariedá.
Voar, fuxir, escapar: sendeiro rápido
Cheo de toxos que non o fan sinxelo.
Atallo de cabras do que non hai mapas. Perderme. Quero perderme na infinitude do cosmos e non volver ver as mentes televisivas da ignorancia e pasividade de españa.
Palabra de
Lechuga
a
5/30/2006 11:00:00 p. m.
1 que opinan
viernes, mayo 12, 2006
O facedor de pompas de Xabón
Nalgunha rúa peoníl de Ourense, nalgún banco preto dalgún edificio antigo, un curto vestido verde miraba ó ceo pensando nun futuro mellor. O reflexo da luz solar nunha pompa de xabón fixo que descoidara o seu “ferpecto futuro” e se adicase a descubrila procedencia das translúcidas boliñas. Viu a un neno a xogar cun pompeiro.
Recordou, co caracteristico cheiro a mistol do antigo, cando xogaba no parque co seu vasiño de lavavaixelas e auga. Sentiu desexos de volver a aquela época na qu eo mais complicado era que a túa nai che deixase subir o fregadeiro para coller o mistol do antigo. Colleu o coche e ñiscou dalí. Xa tiña decidido o seu futuro. Subiu o mais alto do monte mais próximo, pèna pombeira, sentou a carón do cruceiro de pedra e agardou a que o sol se escondese entre as montañas. Baixou logo ata a aldea, como agardaba atopou un bote de mistol do antigo enriba da pía de pedra. Buscou no faido o baúl coa roupa que a súa avoa tiña gradada dos seus séculos de mocidade, ataviouse co mais colorido e liscou a retomar a pompa de xabón que deixara no banco da rúa. Deixou unha boina estapada con flores alaranxadas no chan e rematou o bote de mistol cando chegou un policía e lle dixo: Desculpe, aikí non pode pedir.
As bagoas de xabón cubriron o ceo e o vestido verde contestou: Non pido, danme. E non me gusta recibir sen ofertar. E oferto as pompas de xabón coas que todos xogabmos algún día. Oferto un anaco de despreocupanción nunha cidade que a acepta, nunha cidade na que non son mellores persoas por dar a quen precisa.
Non souben mais dese vestido verde que recorreu Galiza buscando o soriso dun neno na cara dun adulto.
Palabra de
Lechuga
a
5/12/2006 12:16:00 a. m.
1 que opinan
Va de: de cuentos, de recuerdos, en galego, para ver
martes, marzo 14, 2006
Memorias dun Verán
Verde alcohol corre polas miñas veas
que tornaban laranxas o paso do sangue.
Doce sabor o daquel caramelo de San Xoán
mentres parpadeaban as estrelas no ceo.
Comezamos a recoller uvas fora do seu tempo
para facer un viño que nos mantivese ledos.
Levanteime unha mañá ca inxenuidade nos beizos
e tentei buscar un daqueles doces caramelos
atopando no seu lugar unha lagoa de frío xeo.
Tiven nas miñas mans un anaco de ceo
que se agreou cal viño a intemperie.
Choveron principios sobre o vaso do sentimento
e espesou a néboa moito máis ca no inverno.
Da árbore da tristeza naceu o froito da desesperanza
grazas o abono da reflexión de dúas semanas.
Palabra de
Lechuga
a
3/14/2006 06:14:00 p. m.
0
que opinan
Va de: de recuerdos, de versos, en galego




