viernes, mayo 12, 2006

O facedor de pompas de Xabón

Nalgunha rúa peoníl de Ourense, nalgún banco preto dalgún edificio antigo, un curto vestido verde miraba ó ceo pensando nun futuro mellor. O reflexo da luz solar nunha pompa de xabón fixo que descoidara o seu “ferpecto futuro” e se adicase a descubrila procedencia das translúcidas boliñas. Viu a un neno a xogar cun pompeiro.

Recordou, co caracteristico cheiro a mistol do antigo, cando xogaba no parque co seu vasiño de lavavaixelas e auga. Sentiu desexos de volver a aquela época na qu eo mais complicado era que a túa nai che deixase subir o fregadeiro para coller o mistol do antigo. Colleu o coche e ñiscou dalí. Xa tiña decidido o seu futuro. Subiu o mais alto do monte mais próximo, pèna pombeira, sentou a carón do cruceiro de pedra e agardou a que o sol se escondese entre as montañas. Baixou logo ata a aldea, como agardaba atopou un bote de mistol do antigo enriba da pía de pedra. Buscou no faido o baúl coa roupa que a súa avoa tiña gradada dos seus séculos de mocidade, ataviouse co mais colorido e liscou a retomar a pompa de xabón que deixara no banco da rúa. Deixou unha boina estapada con flores alaranxadas no chan e rematou o bote de mistol cando chegou un policía e lle dixo: Desculpe, aikí non pode pedir.

As bagoas de xabón cubriron o ceo e o vestido verde contestou: Non pido, danme. E non me gusta recibir sen ofertar. E oferto as pompas de xabón coas que todos xogabmos algún día. Oferto un anaco de despreocupanción nunha cidade que a acepta, nunha cidade na que non son mellores persoas por dar a quen precisa.

Non souben mais dese vestido verde que recorreu Galiza buscando o soriso dun neno na cara dun adulto.

1 comentario:

Anónimo dijo...

me gustó ( no kiero decir que bonito! xDD)
s lo que te decía en el post de arribva el de libertad,hay que valorar las pequeñas cosas xq seran las más grandes,puede q sea algo tan simple como una pompa de jabón o subirse a un árbol pero la repercusión interior no se puede medir,no se como explciar este tema,sobre todo en las ciudades la gente olvida que todos hemos sido niños algún día,espero que a mi no me pase,q si algún día me rindo,si algún dia doy mi brazo a torcer en esta lucha continua,recuerde quien fuí y quien quería ser y sobre todo respete a los que intentan acabar el camino que yo abandoné,espero no coger jamás el atajo del conformismo!!