martes, mayo 30, 2006

Voar (25-5-06)

Voar. Despegalos pés do chan
E cambiala perspectiva da terra.
Voar. Coller impulso e saltar,
E non retomar de novo esta era.
Voar. Saír correndo dos problemas,
Fuxir da realidade e volver soñar.
Voar. Sen fitar arbores ...
Deixar de sufrir e non mirar.
Voar. Retomala infancia tranquila,
Volver xogar con area e plastelina.
Voar. Fuxir do egoísmo,
Da curiosidade irrelevante do veciño.
Voar. Coller un tren e marchar,
Aló onde o ceo se xunta co mar.
Voar. Fitar o sol no hourizonte,
Sentar nun banco e non pensar.
Voar. Aló onde os pensamentos,
Se divorcien do corpo e da contrariedá.
Voar, fuxir, escapar: sendeiro rápido
Cheo de toxos que non o fan sinxelo.

Atallo de cabras do que non hai mapas. Perderme. Quero perderme na infinitude do cosmos e non volver ver as mentes televisivas da ignorancia e pasividade de españa.

1 comentario:

Anónimo dijo...

E eu voarei candati e o lado de moitas mais persoas,voaremos todos xuntos,cara ó sol,cara a nada,cara o infinito...voaremos a un lugar onde ninguén chore e onde ninguén sexa mais ca un espirutu libre...
Cada quen a súa misión,unha misión propia,na intimidade sen terlle que rendir contas a ninguén.

Eu xa sei o que é voar,planeo todolos días dende o meu recuncho,dende o meu fogar(que non é a minha casa)ése fogar encontrase nun faiado,unha árbore...nas alturas,encontrase nun lugar onde non cheguen ata min o ruido dos coches,o rumor da xente,tan só o cantar dos páxaros despertame da minha viaxe en busca da liberdade,liberdade que se pode atopar ainda estando nunha xaula de cristal.