domingo, diciembre 24, 2006

de xeito distinto...

O pasado venres foi o festival de Nadal no instituto. Un deses días nos que as clases rematan antes do habitual e súbense o escenario os ansiosos de triunfo. Este ano esquecéronse das típicas cancións reageton que bailan as mais atrevidas en minifalda e con tanga, e no seu lugar puxeron catro grupos de diferentes estilos de música, todos con un futuro moi prometedor.

Os primeiros en actuar foron unhas rapazas con música tradicional que utilizaban a gaita, pandeiretas, piñas e cunchas para pornos a pel de pita e arrincar os primeiros aplausos do día.

Despois o grupo Dragonfly tomou lugar no escenario e arrincoulle uns cantos cornos aos mais heavys do insty. Fan unha música estupenda, teñen unha base musical incomparable e unhas letras realmente divertidas. A voz e mellorable. Asemellanseme moito a Heredeiros da Crus.

De terceiros apareceron Luis & Jorge que pese ao frío adincaronnos “Hace calor” e un par de exitos veraniegos.

Por último debutaron makes Dawn Sure con moitas versións de Blink 182. Teño que decir que son compañeiros de clase. Na súa contra, rifarlles por porlle tan pouca emoción, teñen unha música estupenda, ilusión e ganas de triunfar, podían dar moito mais de si do que deron. En fin, o ambiente tornouse diferente cando subiron a Guille o escenario. Cobrastedes vida!!

Pois eso, supoño k xa deducistedes k foi sen dúbida o mellor festival da miña vida no instituto e que lles desexo moita sorte a estes debutantes. Moitos bikos.

No hay comentarios: