Exército fracasado. (25-5-06)
Un exército definitivo que loita pola paz cando xa é demasiado tarde. Decatáronse a destempo de presenza dun inimigo cruel creado por nós mesmos. Era de esperar que chegase algún día, pois todo beneficio propio e inmoral acaba converténdose nun mal remordemento de conciencia.
Vivimos nunca sociedade sometida a séculos de ignorancia e estancazón cultural que non pode rexurdir das cinzas con ritmo acelerado. Campañas publicitarias pretenden agochar estes séculos de decadencia con frases para a promoción de lectura sen ensinarnos a ler. Como non vai haber fracaso escolar se estaba prohibido pensar? Cómo é que os xoves non senten afección por nada? Dicen por algures alguns expertos que se educa co exemplo e ¿Cómo lle ensinarán a teu fillo a reciclar se ti non o fas? Como imos conseguir unha sociedade intelixente que sexa quén de elexir o mellor poder se on sabe opinar?
Asombroume un ejemplo que escoitei na rúa o outro día: Na entrada da escola, antes de abriren as portas ós rapaces xogaban no parque supervisados polos seus pais e atoparon un indixente a durmir o cal comezaron a tirarlle pedras. Unha profesora decatouse deste acto vandálico e avisou a todolos pais. Para sorpresa da mestra obtivo respostas tales como: ‘Tampouco é para tanto, total… é só un indixente’
E agora pregunto eu: Como imos ensinarlle valores a uns rapaces que conviven con tales exemplos? Fai o que digo pero non fagas o que fago.
Teño a mínima esperanza de que desapareza este total desprezo pola humanidade e que esta sociedade prehistórica comece a ter unha moral. Non religiosa, non radical… estou a falar dunha moral racional porque nunca os excesos foron bós.
Ter moral non é poñer a outra meixela; é procurar que non cha toquen.
Ter mora non é gardar voto de castidade ata o matrimonio ; é ser sinceiro coa túa parella.
Procurando non morrer asfixiada por sucesións vandalísticas e desperdicios humáns que procuran a felicidade na violencia o una prensa rosa, despídese Leituga con coletas ás doce da noite ddespois dun duro sometemento ó sistema.






