Cousas de Lugo
Debe ser cousa das cidades pequenas iso de que chegas e non te sintes infiltrado. Iso de que a xente te mira coma se se cruzase contigo todolos días. Iso de que non existe a velocidade, todo vai a camara lenta.
Ainda que eso tamén pode ser cousa da miña visión. De que sinto predileción polas cidades adicadas á xente e non ós coches, as cidades para pasear con grandes ou pequenos lugares nos que sentarte baixo o sol a lelo periódico. Ou pode ser que todo é mais bonito porque o sol da primavera o enche todo de cores coñecidas.

1 comentario:
Pois a foto é de Compostela, que por aí paso eu de camiño á facultade tódolos días. Pero tanto ten, Compostela tamén é unha cidade pequena e máxica, eterna e maravillosa.
Un saudo nena;)
Publicar un comentario